Emedous é unha empresa comprometida coa sociedade e o medio ambente en tódolos aspectos e ésta é unha das razóns principais polas que xurde o proxecto das estufas Ecofogar. A través da experiencia adquirida nas innumerables obras de reforma e rehabilitación de vivendas unifamiliares situadas na maioría dos casos no entorno rural, en Emedous démonos conta da preferencia da maioría dos nosos clientes polo uso de sistemas de calefacción alimentados con biomasa e dos problemas e carencias que éstos tiñan. Uns aspectos que finalmente inclinaban a balanza en favor doutros sistemas de calefactado moito máis contaminantes e alimentados con enerxías non renovables como o gas ou o gasoil.
A raíz disto puxémonos a investigar todos os sistemas existentes no mercado que consumiran biomasa na procuta do máis eficiente enerxéticamente e menos contaminante. Así chegamos a coñecer as estufas de inercia ou masa térmica, tamén chamadas estufas de mampostería, rusas, suecas, kachelofen, etc. base principal do noso novo modelo de calefacción por leña, as estufas cerámicas eficientes Ecofogar. Se desexas saber máis ó respecto só tés que seguir o link ou poñerte en contacto connosco.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información