A restauración de vivendas tradicionais é unha das nosas grandes paixóns. O traballo ca madeira e a pedra é especialmente gratificante, así coma a incorporación de elementos máis modernos coma o aceiro inox, pavés, etc. nas rehabilitacións.
Ademais de vivendas, tamén restauramos hórreos, fontes, muíños de auga, etc., coidando e aproveitando tódolos materiais propios deste tipo de construccións e incorporando os elementos constructivos novos adecuados para a sua integración no entorno natural.
As rehabilitación de vivendas no rural son especialmente complexas na sua execución e tamén na sua planificación, sobre todo cando o seu estado inicial é ruinoso, pero o resultado como se pode comprobar sempre merece a pena.
En ver obras de restauración atoparás unha selección das obras que temos feitas cunha breve descripción e tamén fotografías de varias fases de execución dos traballos.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información