Construcción e reformas en outes

Servizo integral

En Obras e Contratas Emedous S.L.U. ofrecemos servizo integral e asesoramento en todo tipo de obras. Dende a realización dos proxectos ata a entrega das chaves todo vai xestionado e supervisado polo noso responsable de empresa. Esto tradúcese nunha maior tranquilidade, asesoramento e aforro de tempo para os nosos clientes.

 Contamos coa colaboración e o traballo dos mellores profesionais de cada sector, que nos axudan a proporcionar unha gran calidade ás nosas obras.

Especialistas en restauracións de todo tipo

A pesares de realizar todo tipo de obras tanto públicas coma particulares unha das nosas especialidades é a restauración de edificacións de todo tipo; muiños de auga, hórreos, vivendas ailladas, locais comerciais, edificios, etc, onde sempre procuramos conservar a esencia de cada edificación optimizando as suas prestacións e calidades sin prescindir das suas señas de identidade. Por este motivo, a recuperación dos elementos de forxa, madeira e sobre todo da pedra son os piares principais do noso traballo.

Enerxías renovables e aforro enerxético

Dentro do noso traballo merece tamén un capítulo aparte a bioconstrucción ou construcción sostible. A utilización de materiais ecolóxicos e a búsqueda da eficiencia enerxética e aproveitamento dos recursos naturais é sin dúvida outro dos nosos piares, na busqueda dunha construcción menos dependiente de enerxías non renovables e menos perxudiciais para o medio ambente.

Investigación de novos sistemas e elementos constructivos

Para tratar de mellorar os nosos servizos en Emedous adicamos unha parte importante de tempo ó estudo e a investigación de novos sistemas e elementos constructivos, chegando incluso a cerrar acordos de colaboración con outras empresas en busca de solucións constructivas que melloren a calidade das edificacións.

Qué máis servizos ofrecemos:

Dende a realización de reformas de todo tipo ata proxectos íntegros 

Reformas integrais

As obras de reforma interior de pisos e locais comerciais requiren dun exhaustivo estudo de cada caso particular analizar tódalas suas posibilidades e posibles complicacións que precisen solucións constructivas especiais.

Reformas express

Porque sabemos que no noso sector ás veces tamén hai urxencias creamos un servicio de reformas urxentes e reparacións de emerxencias con persoal especializado.

Proxectos chave en man

En Obras e Contratas Emedous, ademais da execución das distintas partidas de cada obra ofrecémosche a posibilidade de levar a cabo a xestión completa do proxecto.

Obra civil

A pesares de non ser o noso marco de traballo principal, en Obras e Contratas Emedous temos realizado unha cantidade importante de obras de carácter civil, tanto públicas coma privadas.