construcción e innovación
Innovación e investigación
En Emedous somos conscientes de que a investigación é o motor da evolución, por iso non nos limitamos á realización de obras convencionais, si non que levamos a cabo multitude de traballos de investigación sobre os sistemas constructivos existentes na busca de adaptacións que incorporen melloras na calidade final do noso traballo. Ó mesmo tempo, colaboramos tamén con importantes empresas do sector para o desenvolvemento de novos sistemas e elementos constructivos.
Aforro enerxético
As nosas investigacións van maioritariamente encamiñadas ó aforro enerxético nas edificacións e ó aproveitamento dos recursos naturais dentro da construcción tradicional tendo como obxetivo a mellora da calidade de vida con un menor custo para os nosos clientes e para o medio ambente.
Os nosos proxectos e colaboracións
Dentro das nosas investigacións poderiamos destacar entre outras:

- Estufas cerámicas de alto rendemento que proporcionan un aforro moi importante en gasto enerxético e en emisións de CO2 á atmósfera.
- Aplicación de placas de arcilla refractaria para a optimización de fogóns tradicionais

AMC Building
Convenio de colaboración ca marca AMCBuilding para o deseño de novos sistemas constructivos rápidos, versátiles e económicos.