construcción e innovación

Innovación e investigación

 En Emedous somos conscientes de que a investigación é o motor da evolución, por iso non nos limitamos á realización de obras convencionais, si non que levamos a cabo multitude de traballos de investigación sobre os sistemas constructivos existentes na busca de adaptacións que incorporen melloras na calidade final do noso traballo. Ó mesmo tempo, colaboramos tamén con importantes empresas do sector para o desenvolvemento de novos sistemas e elementos constructivos.

Aforro enerxético

As nosas investigacións van maioritariamente encamiñadas ó aforro enerxético nas edificacións e ó aproveitamento dos recursos naturais dentro da construcción tradicional tendo como obxetivo a mellora da calidade de vida con un menor custo para os nosos clientes e para o medio ambente.

Os nosos proxectos e colaboracións

Dentro das nosas investigacións poderiamos destacar entre outras:

ecofogar
  • Estufas cerámicas de alto rendemento que proporcionan un aforro moi importante en gasto enerxético e en emisións de CO2 á atmósfera.
  • Aplicación de placas de arcilla refractaria para a optimización de fogóns tradicionais
AMCBuilding

AMC Building

Convenio de colaboración ca marca AMCBuilding para o deseño de novos sistemas constructivos rápidos, versátiles e económicos.

Galería de traballos en Innovación: