construcción íntegra en outes

Proxectos chave en man

En Obras e Contratas Emedous, ademais da execución das distintas partidas de cada obra ofrecémosche a posibilidade de levar a cabo a xestión completa do proxecto:

Estudo do teu caso particular e elaboración de esbozos constructivos, anteproxectos, etc.

Contamos cos mellores profesionais; arquitectos, arquitecto técnicos, deseñadores, inxeñeiros, etc. cos que prepararemos toda a documentación que se precise ata a realización do proxecto definitivo.

Xestión de tramitacións

Non te preocupes por nada, nós solicitamos os permisos e licenzas necesarias, acometidas de abastecimentos de obra e todo o que sexa preciso para poder escomezar a execución.

Coordinación da obra

Ademais da labor de coordinación que levará a dirección facultativa, Emedous pón á tua disposición un encargado xeral de obra que se terá a encomenda de repartir os traballos, organizar a entrada en obra dos distintos gremios e tamén fará a función de enlace entre todas as partes implicadas no proceso de construcción; subcontratas, contrata principal, dirección facultativa e promotores.

Seguridade e saúde

Haberá sempre na obra un recurso preventivo, é dicir, unha persoa encargada de asegurarse que todo o persoal que acceda á obra teña a cualificación precisa para o traballo a desenrolar xunto coa documentación en regla, verificar o cumprimento das medidas de prevención especificadas no plan de prevención da obra e tamén que en todo momento se adopten as medidas extraordinarias de prevención de riscos que sexan precisas para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores no proceso de construcción.

Final de obra

Unha vez rematada a fase de execución da obra seguimos encargándonos de todo o papeleo necesario para que poidas comezar a desfrutar dela, certificados de fin de obra, tramitación de cédula de habitabilidade ou licenza de actividade segundo sexa o caso, tramitación de boletíns, etc.

Ti só reláxate e desfruta do resultado
Sabemos o difícil que é xestionar ben unha obra e o estresante que pode chegar a ser. Por iso xustamente debes deixalo en mans de profesionais.